Secretaria Xeral: Dona Inmaculada Valeije Álvarez
Profesora Titular de Dereito Penal
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Sede: Edificio Reitoría
Enderezo: Campus Universitario, CP 36310 - Vigo
Teléfono: 986 813 614
Enderezo electrónico: secxeral@uvigo.es
Estatutos da Universidade de Vigo:
Sección cuarta: do secretario ou secretaria xeral
Artigo 62.º
Artigo 63.º
Correspóndenlle á Secretaría Xeral as seguintes funcións:
a) A recepción, compilación, depósito, custodia e certificación dos seguintes documentos:
b) A organización de actos solemnes da Universidade, nos que debe velar polo cumprimento do protocolo.
c) A garantía da publicidade dos acordos do Consello de Goberno, do Claustro Universitario e das resolucións da Reitoría, coidando singularmente das referidas aos regulamentos de desenvolvemento dos Estatutos e demais normas xerais.
d) Calquera outra función ou competencia que lle sexa atribuída ou recoñecida pola lei ou por estes Estatutos e as disposicións que os desenvolvan.
Deléganse na Secretaria Xeral as seguintes competencias:
a) A dependencia funcional da Asesoría Xurídica, sendo este o camiño que se debe seguir para o pedimento de consultas e informes que lles deba render aquela aos órganos colexiados e unipersoais, así como aos restantes membros da comunidade universitaria.
b) A sinatura de certificacións supletorias dos títulos propios.
c) A sinatura das resolucións que autoricen ou deneguen as rectificacións das actas académicas.
d) A representación oficial da Universidade perante os poderes públicos en materia xudicial e administrativa.
e) A delegación da sinatura en resolucións reitorais polas que se resolvan pedimentos do alumnado en relación coa súa actividade académica, agás os relativos ao seu rendemento académico.
f) As relativas aos rexistros da Universidade.
g) A coordinación da matrícula e a proposta de calendario escolar.
h) Coordinación, dirección e impulso da revisión normativa.
(Resolución do 5 de setembro de 2011 de delegación de competencias.)