Regulamento Premio Extraordinario Fin de Carreira

  1. A Xunta de Goberno da Universidade de Vigo, poderá outorgar, a proposta das Xuntas de Centro, dous Premios Extraordinarios por cada titulación e curso académico (un premio se o número de alumnos de entrada na titulación é inferior a 200). Non se poderán acumula-los Premios Extraordinarios declarados desertos.
  2. Poderán optar ó Premio Extraordinario as persoas que finalicen os seus estudios na Universidade de Vigo e que cumpran os seguintes requisitos:
    1. Ter cursado na Universidade de Vigo alomenos o setenta e cinco por cento dos créditos (ou materias no caso de planos antigos) da titulación.
    2. Acadar unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 2,5 puntos para alumnos de facultades e escolas universitarias e a 2 puntos para alumnos de escola universitarias técnicas e escolas técnicas superiores. A valoración do expediente académico farase co seguinte baremo.
      • Matrícula de honor : 4 puntos
      • Sobresaliente: 3 puntos
      • Notable: 2 puntos
      • Aprobado: 1 punto

A nota media calcularase da forma seguinte:

  1. Estudios estructurados por materias: Media= suma de notas de cada materia/número total de convocatorias empleadas.
  2. Estudios estructurados por créditos:  Media= (N1 P1 + N2 P2 +....)/ (C1 N1 + C2 N2 +...)
    • Donde Ni = número de créditos de cada materia
    • Pi = puntuación de cada materia
    • Ci = número de convocatorias empregadas cada materia.
  3. Matrícula de honra : 4 puntos
  4. Sobresaliente: 3 puntos
  5. Notable: 2 puntos
  6. Aprobado: 1 punto
  7. Antes do 30 de novembro, por cada titulación faráse a valoración dos expedientes dos estudiantes que finalizaron os seus estudios no curso inmediatamente anterior. As certificacións académicas das persoas que reúnan os requisitos do apartado 2, serán avaliadas polos tribunais correspondentes
  8. Os tribunais para a concesión dos Premios estarán compostos por tres Catedráticos ou Profesores Titulares membros da Xunta de Titulación e propostos por ela.
    Os tribunais elabourarán un acta que enviarán á Secretaría do Centro e á Secretaría Xeral antes do día 20 de decembro
  9. A obtención de premio extraordinario reflectirase no título

Dilixencia para facer constar que o regulamento sobre "Premios Extraordinarios Fin de Carreira" foi aprobado nas Xuntas de Goberno celebradas os días 8 de novembro de 1999 e 10 de febreiro de 2000.

A SECRETARIA XERAL,

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal