Regulamento da oficina de Medio Ambiente

(Aprobado na Xunta de Goberno de 13-04-2000)

PREÁMBULO. A ACTITUDE DA UNIVERSIDADE DE VIGO FRONTE Ó MEDIO AMBIENTE.

A Universidade de Vigo considera que certas formas de desenvolvemento resultan beneficiosas para o medio ambiente e, en consecuencia, cómpre favorecelas. Do mesmo xeito, é preciso rexeitar aquelas que o degradan. Estas liñas definen necesariamente a política ambiental da Universidade de Vigo, que, ademáis, asume a obriga de difundir esta idea na comunidade universitaria e no resto da sociedade. Coa creación da Oficina do Medio Ambiente, preténdese responder a este propósito.

TÍTULO 1. DA DEFINICIÓN, FUNCIÓNS E ÁMBITO DE ACTUACIÓN.

ARTIGO 1. Definición.

A OFICINA DO MEDIO AMBIENTE (OMA) da Universidade de Vigo constitúe o órgano representativo, competente e responsable da política medioambiental desta universidade. A OMA depende, organicamente, do Vicerrectorado de Investigación.

ARTIGO 2. Funcións.

A Oficina do Medio Ambiente ten tres funcións básicas:

  1. Asesorar á comunidade universitaria, e especialmente ós órganos, institucións e servicios universitarios, en calquera cuestión relacionada co medio ambiente.
  2. Participar ou intervir nas actuacións, actividades e proxectos que poidan modificar negativamente as condicións, recursos e compoñentes ambientais da universidade, co fin de minimizar a magnitude desa modificación.
  3. Promover, coordinar e incentivar calquera acción encamiñada a aumentar a calidade de vida na universidade, mediante o equilibrio e o respecto entre as persoas e o medio ambiente.

ARTIGO 3. Ámbitos de actuación.

Art. 3.1
O ámbito físico da actividade da OMA abrangue tódolos campus da Universidade de Vigo e calquera outro espacio que estea baixo a súa responsabilidade, soa ou compartida. A OMA promoverá unha ordenación dos usos permitidos nestes espacios, baseada en criterios ecolóxicos que teñan en conta o seu valor natural, tanto actual como potencial.

Art. 3.2
As competencias da OMA esténdense á comunidade da Universidade de Vigo e a calquera outra persoa, sociedade ou institución, pública ou privada, que lle preste servicios, dentro do ámbito de execución espacial e temporal deses servicios.

Art. 3.3
A OMA poderá establecer e participar en acordos con outros organismos ou con institucións públicas e privadas, co fin de acadar os seus obxectivos e desenvolver as súas funcións.

Art. 3.4
Os órganos de goberno da Universidade de Vigo poderán delegar na OMA a súa representación diante doutros organismos e institucións.

TÍTULO 2. DOS OBXECTIVOS E ACTIVIDADES.

ARTIGO 4. Obxectivos.

Os obxectivos da OMA baséanse nos seguintes principios:

  1. O uso moderado, responsable e sustentable dos recursos naturais.
  2. A conservación dos ecosistemas naturais e da diversidade biolóxica.
  3. O fomento da educación, formación, sensibilización e investigación ambiental.

ARTIGO 5. Do uso moderado, responsable e sustentable dos recursos naturais.

A OMA entende que é preciso que a Universidade faga un uso e consumo moderado, responsable e sustentable dos recursos naturais, tanto materiais como enerxéticos. Isto supón:

ARTIGO 6. Da conservación dos ecosistemas naturais e da diversidade biolóxica.

A OMA entende que e preciso garantir unha axeitada conservación da diversidade biolóxica nos seus tres compoñentes: diversidade xenética, diversidade de especies e diversidade ecolóxica. Isto supón:

ARTIGO 7. O fomento da educación, formación, sensibilización e investigación ambiental.

A OMA entende que é necesario que a poboación universitaria acade o grao de educación, formación e sensibilización necesario para a súa participación e colaboración activa, nunha universidade cunha política ambiental responsable. Isto supón:

ARTIGO 8. Actividades.

Para acadar os seus obxectivos, a OMA poderá levar a cabo as seguintes actividades:

ARTIGO 9.

Para desenvolver as súas funcións, acadar os seus obxectivos e levar a cabo as súas actividades, a OMA contará coa colaboración do resto de órganos, institucións e servicios universitarios. Igualmente, a OMA disporá das instalacións e os medios materiais e económicos precisos, asi como dunha dotación de recursos humanos axeitada, en número e cualificación.

  1. Reducir o gasto de recursos materiais e enerxéticos e incrementar a eficacia do seu uso, como principio básico para reducir e controlar a contaminación e a producción de residuos.
  2. Favorecer o emprego das enerxías máis beneficiosas para o medio ambiente, especialmente as renovables.
  3. Favorecer o emprego de materiais reciclados, asi como garantir a súa reciclaxe.
  4. Favorecer o uso de productos manufacturados duradeiros e reutilizables, garantindo ademáis, a súa reutilización.
  5. Favorecer o uso de materias primas e productos manufacturados solidarios cos productores (comercio xusto).
  6. Controlar a contaminación e a producción de residuos, garantindo a súa xestión e tratamento.
  7. Os criterios ambientais e ecolóxicos serán esenciais na planificación, execución e desenvolvemento, de calquera actividade ou proxecto.
  8. Garantir que se leven a cabo accións encamiñadas a manter ou acadar, os máximos niveis posibles de diversidade biolóxica.
  9. Fomentar a Educación Ambiental, ben directamente, ben coa colaboración doutros órganos e servicios universitarios.
  10. Fomentar liñas de investigación ambiental, sen deixar de lado a ética ambiental na investigación.
  11. Establecer os criterios ambientais mínimos, xenéricos ou específicos, que deberán de cumprir as infraestructuras, equipamentos e obras que se vaian executar dentro do ámbito físico de actuación da OMA.
  12. Establecer os criterios ambientais mínimos, xenéricos ou específicos, que deberán de cumprir as actuacións de xardinería e paisaxismo que se vaian executar dentro do ámbito físico de actuación da OMA.
  13. Establecer os criterios ambientais mínimos que deberán de cumprir as empresas que presten servicios na Universidade de Vigo. Estes criterios, específicos para cada actividade, serán incluídos nos pregos de condicións de tódolos contratos ou renovacións dos mesmos.
  14. Coordinar e supervisar a xestión dos residuos perigosos producidos pola Universidade de Vigo.
  15. Coordinar e supervisar a reutilización e reciclaxe dos residuos producidos pola Universidade de Vigo.
  16. Potenciar a reducción do uso do transporte privado na Universidade.
  17. Propoñer, proxectar e supervisar os traballos de conservación e recuperación do valor natural dos hábitats dos campus da Universidade de Vigo, e, especialmente, a súa revexetación.
  18. Desenvolver programas de Educación Ambiental.
  19. Crear unha base de datos ambientais.
  20. Calquera outra actividade necesaria para desenvolver as súas funcións e acadar os seus obxectivos.

TÍTULO 3. DA ESTRUCTURA E ORGANIZACIÓN DA OFICINA DO MEDIO AMBIENTE.

ARTIGO 10. Composición

A Oficina do Medio Ambiente conta cunha dirección unipersoal, un cadro técnico, un comité asesor e asesores extraordinarios.

ARTIGO 11. A Dirección

Art. 11.1

A persoa encargada da dirección da OMA será nomeada polo Rector, a proposta do Vicerrector de Investigación.

Art. 11.2

Son funcións da dirección:

  1. Representar á OMA no ámbito universitario e extrauniversitario, poidendo delegar nalgún membro do Comité Asesor.
  2. Convocar, presidir e moderar as reunións do Consello da OMA.
  3. Supervisar e organizar o labor do cadro técnico da OMA.
  4. Xestionar os recursos da OMA.
  5. Elaborar o informe anual das actividades da OMA.
  6. Recoller e analizar as propostas dos membros do Comité Asesor.
  7. Facer por que se leven a cabo as actividades propostas polo Consello da OMA.
  8. Procurar que a OMA desenvolva apropiadamente as súas funcións.
  9. Participar, en xeral, no deseño e implantación da política ambiental da universidade, segundo os principios básicos que marcan os obxectivos da OMA.

ARTIGO 12. O Comité Asesor.

Art. 12.1
O Comité Asesor é un órgano consultivo da dirección da OMA, formado por:

Art 12.2
Son funcións do Comité Asesor e dos seus membros:

ARTIGO 13. O Consello da OMA.

Art. 13.1
O Consello da OMA ten por finalidade discutir e resolver as propostas da dirección e as dos membros do Comité Asesor. Ademáis, ofrece a posibilidade de que outros membros da comunidade universitaria participen na OMA.

Art. 13.2
O Consello da OMA está constituído por: a dirección, que exercerá á presidencia; un representante do cadro técnico, que actuará como secretario; o Comité Asesor; e, de se-lo caso, asesores extraordinarios.

Art. 13.3
O Consello da OMA reunirase en sesión ordinaria unha vez cada dous meses, e, en sesión extraordinaria, sempre que o convoque a dirección, ou ben un tercio dos membros do Comité Asesor. Para a súa válida constitución, deberán de estar presentes, polo menos, a mitade máis un dos seus membros ordinarios.

Art. 13.4
As reunións serán convocadas mediante citación persoal, cunha antelación mínima de cinco días hábiles, agás nos casos de especial urxencia. Na convocatoria especificarase a data e lugar da reunión, e os seguintes puntos da orde do día:

Art. 13.5
En función dos temas que se vaian tratar, nas reunións do Consello poderá participar calquera membro da comunidade universitaria, en calidade de asesor extraordinario e previa invitación da presidencia. O número máximo de asesores extraordinarios nas reunións do Consello será de un por cada punto da orde do día.

Art. 13.6
Os asesores extraordinarios poderán ser propostos pola presidencia ou polos membros do Comité Asesor, mediante escrito xustificado dirixido á presidencia. Participarán libremente nas deliberacións da Comisión nos temas que lles competen, aínda que sen dereito a voto.

Art. 13.7
A OMA disporá dunha base de datos actualizada dos membros da comunidade universitaria que, pola súa formación, actividades ou intereses en materias de carácter ambiental, poidan actuar como asesores extraordinarios do Consello. Calquera membro da comunidade universitaria poderá solicitar ser incluído nesta base de datos, mediante escrito razoado dirixido á dirección da OMA.

Art. 13.8
As resolucións do Consello non son vinculantes, nin para a dirección da OMA, nin para o resto da comunidade universitaria; sen embargo, a presidencia procurará someter á aprobación do Consello, mediante votación e por maioría simple, as actividades que vaia desenvolver a OMA.

ARTIGO 14. RESPONSABILIDADES

Art. 14.1
As responsabilidades da OMA limítanse, exclusivamente, as súas competencias e ámbito de actuación.

Art. 14.2
Enténdese que o Consello, en conxunto, respalda aquelas actividades que contan coa súa aprobación. Os membros do Consello poderán solicitar, en calquera caso, mención expresa do seu voto en contra. As actividades da OMA que non conten coa aprobación do Consello serán responsabilidade exclusiva da dirección.

Art. 14.3
A OMA declina toda responsabilidade sobre as actividades que realicen outras institucións da Universidade que non consideren, de xeito efectivo, as súas recomendacións.

 

  • Cinco docentes nomeados polo Vicerrector de Investigación, a proposta da dirección da OMA. A proposta irá avaliada por un informe persoal da idoneidade curricular e profesional dos candidatos.
  • Un representante da unidade técnica.
  • Un representante do servicio de xardinería.
  • Dous representantes de asociacións ecoloxistas de estudiantes, recoñecidas pola Universidade de Vigo e que acrediten, cando menos, dous anos de antigüidade. Estes representantes e os seus suplentes serán elixidos cada curso académico.
  1. Asesorar á dirección para que a OMA desenvolva apropiadamente as súas funcións.
  2. Participar nas reunións do Consello da OMA.
  3. Participar, en xeral, no deseño e implantación da política ambiental da universidade, segundo os principios básicos que marcan os obxectivos da OMA.
  4. Lectura e aprobación das actas de reunións anteriores.
  5. Informe da presidencia.
  6. Rogos e preguntas.
  7. Puntos solicitados polos membros do Comité Asesor. A solicitude para incluír un punto na orde do dia farase por escrito á presidencia do Consello, ou, verbalmente, no tempo de rogos e preguntas das reunións do Consello.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

A iniciativa para á reforma do Regulamento da Oficina do Medio Ambiente corresponde ó Consello da OMA.

A aprobación da reforma do Regulamento da Oficina do Medio Ambiente corresponde á Xunta de Goberno.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente regulamento entrará en vigor no momento da súa aprobación pola Xunta de Goberno.

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise