Normativa sobre materias optativas

I.- DEFINICIÓN E CONFIGURACIÓN

(Aprobada C.G. 8-03-2001 e modificada por C.G. o 11-12-2003 e o 29-03-2011)

1. Son materias susceptibeis de ser cursadas como optativas aquelas materias ou disciplinas de Primeiro e/ou Segundo Ciclo dos planos de estudio que imparta a Universidade de Vigo, sempre que estean especificadas como tales no plano de estudios da titulación da que se trate. A súa denominación e contido responderán a criterios científicos.

2. Tal e como se indica no R.D. 1267/94, cada materia optativa deberá ter unha carga lectiva en créditos suficiente, nunca inferior a 4,5 créditos, para garanti-la impartición de contidos relevantes, sen repeti-los xa incluídos nas materias troncais ou obrigatorias.

3. De acordo co establecido nas "Directrices propias da Universidade de Vigo sobre estructura e organización académica dos planos de estudios", a optatividade dun plano de estudios poderá reflectirse das seguintes formas:

a. OPTATIVIDADE XERAL: Composta por materias ou disciplinas soltas de contido xeral asignadas por ciclos ou materias agrupadas por bloques co conxunto vinculante na súa totalidade.

b. OPTATIVAS DE ORIENTACIÓN: materias ou disciplinas agrupadas por bloques compactos, relativamente homoxéneos, cun conxunto vinculante na súa totalidade e que unha ou varias delas constitúen unha especialidade, orientación ou itinerario. Estas materias poden ofrecerse separadas ou separarse posteriormente, en disciplinas, en cada curso académico.

II.- DA OFERTA DE MATERIAS OPTATIVAS

4. ORIENTACIÓNS E/OU ITINERARIOS: Tal e como se indica no Anexo I sobre Directrices para a implantación dos planos de estudio das Directrices propias da Universidade de Vigo sobre estructura e organización académica dos planos de estudios, o número de orientacións e/ou itinerarios que se permiten implantar efectivamente será, en xeral e dependendo do número de matrícula media da titulación correspondente segundo se indica no punto 8 da presente Normativa, o seguinte:

a. Para as titulacións de só primerio ciclo e/ou só segundo ciclo, dúas orientacións e/ou itinerarios.

b. Para as titulacións de primeiro e segundo ciclo, tres orientacións e/ou itinerarios.

5. Poderá solicitarse a implantación dun número de orientacións e/ou itinerarios diferente do arriba indicado sempre que as saídas profesionais e/ou o número de alumnos/as da titulación así o recomende.

6. Parece aconsellable que o número mínimo de alumnos/as por orientación e/ou itinerario sexa de 20 alumnos/as. Polo mesmo, cando por un período de tres anos consecutivos, unha orientación e/ou itinerario acade un número inferior ó arriba indicado, o mantemento da devandita orientación estará vencellado ó equilibrio de créditos no Plano de Ordenación Docente da titulación da que se trate.

7. Co fin de que as orientacións e/ou itinerarios acaden un número mínimo razoable de alumnos/as, de xeito xeral permitirase a implantación efectiva de máis dunha orientación naquelas titulacións que conten no seu primerio curso cunha matrícula media igual ou superior a 100 alumnos/as, para as titulacións de só primeiro ou de primeiro e segundo ciclo, ou superior a 75 alumnos/as para as de só segundo ciclo. O máximo número de orientacións que se poderán implantar nunha titulación será de 6.8. De xeito concreto, na implantación de orientacións nas diversas titulacións da Universidade de Vigo e dependendo do número de alumnos de primeiro curso, seguirase, como máximo, a seguinte relación:

 

Titulacións de 1º e 2º Ciclo                                Titulacións de só 2º Ciclo

Nº Alumnos/as en 1º Curso
Nº de Orientacións
Nº Alumnos/as en 1º Curso
 Nº de Orientacións
Ata 149
2
Ata 124
2
De 150 a 199
3
De 125 a 174
3
De 200 a 249
4
De 175 a 224
4
De 250 a 299
5
De 225 a 274
5
A partir de 300
6
A partir de 275
6

 

9. O número de orientacións ou itinerarios que se poden implantar efectivamente nas titulacións da Universidade de Vigo será determinado pola Xunta de Goberno por proposta das correspondentes Xuntas de Centro e tralo informe da Comisión de Organización Académica e Validacións. Ditas propostas de implantación, ordenadas por orden de preferencia e acompañadas dunha memoria-informe sobre a viabilidade das mesmas, serán remitidas polos centros respectivos ó Vicerrectorado de Organización Académica antes de que finalice o primeiro cuadrimestre correspondente ó ano académico inmediatamente anterior ó que pretendan implantarse. A C.O.A.V., tomando en consideración tanto o número de alumnos da titulación, a situación das áreas de coñecemento implicadas como aqueloutras circunstancias que considere oportunas, elevará unha proposta de implantación á Xunta de Goberno da Universidade para a aprobación posterior, se procede.

10. OPTATIVAS XERAIS: A Xunta de Goberno da Universidade de Vigo, por proposta das diferentes Xuntas de Centro, determinará, coa antelación suficiente antes do comezo de cada curso académico, a relación de materias que constitúe a oferta de materias optativas xerais correspondente a cada titulación, así como o número de grupos e prazas, que se ofrecerán e impartirán no seguinte ano académico nos respectivos centros.

11. Para faceren efectiva a oferta de materias optativas xerais, os centros remitiranlle ó Vicerrectorado de Organización Académica, segundo o modelo establecido, a relación de materias, por titulación e ciclo, que constitúan a oferta de materias optativas xerais segundo as proporcións indicadas no punto 13 deste apartado. Recibida no Vicerrectorado de Organización Académica a proposta de materias optativas xerais e elevará á Xunta de Goberno unha proposta da oferta académica para que se aprobe tralo informe da C.O.A.V..

12. Aprobada pola Xunta de Goberno a oferta académica de materias optativas xerais, elaborarase un catálogo con tódalas materias ofrecidas por titulación e ciclo, indicando o número de créditos totais, de créditos teóricos e prácticos, as áreas de coñecemento encargadas da docencia, número de grupos e prazas e cuadrimestre no que se imparten. O devandito catálogo será distribuído ós centros da universidade para a súa publicación e difusión antes do 30 de xuño.

13. En relación co indicado no punto 3 do apartado 2.6. das Directrices propias da Universidade de Vigo sobre estructura e organización académica dos planos de estudio, as Xuntas de Centro proporán como mínimo unha oferta específica de créditos optativos xerais nunha proporción 2:1 respecto dos créditos optativos xerais que deben cursa-los alumnos/as da titulación da que se trate. A oferta máxima permitida de créditos optativos xerais proposta polas respectivas Xuntas de Centro para a posterior aprobación –se procede- pola Xunta de Goberno non poderá superar a seguinte relación:

  • Para a oferta de materias optativas xerais dos primeiros ciclos dita relación será igual a N / 100. Para a oferta de materias optativas xerais dos segundos ciclos, igual a N / 50; sendo N = ó número de alumnos/as de límite de prazas da titulación. Se o resultado fose superior a 5, o máximo será 5.

14. Aquelas materias optativas xerais que manteñan, durante dous anos consecutivos, un número de alumnos/as inferior a: 25 para as de primeiro ciclo e 10 para as de segundo ciclo, non poderán impartirse nin ofrecerse de novo como tales nos cinco cursos académicos seguintes.

15. Os centros procurarán programa-las materias ou disciplinas optativas de xeito que se favoreza a máxima opcionalidade por parte do alumnado.

III.- RÉXIME ACADÉMICO DAS MATERIAS OPTATIVAS

16. Respectando a liberdade de opción do alumno/a, a carga mínima de optatividade indicada no plano de estudios será de obtención obligatoria.

17. Agás para aqueles planos de estudios elaborados e implantados con anterioridade á aprobación pola Xunta de Goberno das Directrices propias da Universidade de Vigo sobre estructura e organización académica dos planos de estudios e que así o contemplen, en ningún caso poderanse cursar materias optativas durante o primeiro curso académico das titulacións de só primeiro ciclo e de primeiro e segundo ciclo.

18. Os diferentes tipos de créditos por equivalencia serán recoñecidos como créditos optativos, cando así fosen establecidos no plano de estudios da titulación de que se trate e coa validación do centro no que se dispensa dita titulación e ata o límite máximo que no referido plano de estudios se indique.

19. A opción do alumno/a por calquera das materias optativas poderá exercerse unha soa vez e únicamente durante o período de escolaridade conducente á súa titulación, podendo matricularse dun número de créditos non superior ó 150% do total de materias que ten que cursar. No caso de extinción dalgunha materia optativa poderá exercer novamente a opción, de acordo co seguinte parágrafo.

20. Unha vez que se deixa de ofrecer unha materia, efectuaranse 6 convocatorias de exame nos tres cursos seguintes. Esgotadas estas convocatorias sen supera-las probas, os alumnos poderán matricularse doutras materias nun número non superior ó 150% das extinguidas.

21. No suposto de que o alumno/a finalizase os estudios correspondentes, poderá volver matricularse, mediante solicitude expresa, na mesma titulación, para acadar unha orientación ou itinerario diferente da xa cursada.

22. No suposto de que un alumno superase unha materia optativa, poderá solicitar no seu centro para o remate do correspondente ciclo ou para a finalización dos estudos na mesma titulación, o cambio de carácter a libre elección de dita materia. Así mesmo, se a materia foi cursada como libre elección, poderá solicitar o seu cambio a optativa, e a materia deberá figurar no seu expediente no 1º ou no 2º ciclo segundo a adscrición da mesma no plano de estudos.

En ningún caso poderá utilizarse a mesma materia como optativa e como de libre configuración. (modificiado C.G. 29-03-2011)

IV.- DISPOSICIÓNS FINAIS

23. Quedan derrogadas tódalas disposicións dictadas polos órganos da Universidade de Vigo, de rango inferior ou igual, que se opoñan ó disposto nesta Normativa.

24. A presente Normativa entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Goberno da Universidade de Vigo.

Dilixencia: Para facer constar que a presente "Normativa sobre Materias Optativas" foi aprobada en sesión ordinaria da Xunta de Goberno desta Universidade na data 8 de marzo de 2001.

 

A secretaria xeral

Margarita Estévez Toranzo

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal