Circular sobre tramitación de partes médicos de baixa, confirmación de baixa e alta

Co obxecto de dar cumprimento ó Real Decreto 575/1997, de 18 de abril, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control da prestación económica da Seguridade Social por incapacidade temporal, modificado polas Ordes Ministeriais de 19 de xuño de 1997 e 18 de setembro de 1998, esta Xerencia, en uso das suas competencias dispón:

  1. Os partes médicos de baixa e de confirmación de baixa, deberán ser presentados polos traballadores dentro do prazo de 3 días contados a partir da data da súa expedición.
  2. Os partes médicos de alta presentaranse dentro das 24 horas seguintes á súa expedición.
  3. A entrega de tódolos partes médicos efectuarase :
    1. Os profesores nas secretarías dos departamentos.
    2. O persoal de administración e servicios ós Administradores de Centro, Xefes de Servicio ou Responsables das distintas unidades administrativas según o caso.
  4. En todolos casos os responsables deberán enviar os partes médicos (exemplar para empresa e para a remisión o INSS) urxentemente a Sección de Nóminas e Seguridade Social do Servicio de Persoal.

Vigo,13 de novembro de 2000

O XERENTE





Julio Taboada Pérez

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal